RADIO.- Un profesor e orquestista de Meaño fai soar metais da Real Sinfónica de Sevilla

Pontevedra
05 de xuño 2021

O podcast 'Ponte en el mapa' de PontevedraViva Radio sitúase esta vez en Sevilla, onde reside e traballa o meañés José Forte Ásperez como trompetista principal da Real Orquestra Sinfónica da capital hispalense

José Forte Ásperez, meañés e trompetista principal na Real Orquestra Sinfónica de Sevilla
José Forte Ásperez, meañés e trompetista principal na Real Orquestra Sinfónica de Sevilla /

José Forte Ásperez é de Meaño e comezou os seus estudos musicais con 8 anos. Actualmente e desde fai sete anos, ten fixada a súa residencia na provincia sevillana, onde ten praza como trompetista principal na Real Orquestra Sinfónica de Sevilla e formou a súa propia familia.

Formouse no Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra, no Superior de Vigo e na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia. Cóntanos no podcast de 'Ponte en el mapa' que deixou o seu municipio natal, onde traballaba como profesor na Escola de Música e no Conservatorio de Lalín para continuar a súa formación como concertista.

"Quería tocar en orquestra" lembra en PontevedraViva Radio, pero debatíase na dúbida de saír fose ou non. Aliáronse as circunstancias e entre 2011 e 2013 viviu en Suíza e Bélxica preparándose para o seu obxectivo e en 2014 deu o si á oportunidade que se lle abría no sur peninsular. No seu currículo suma diversos premios como trompetista e un amplo número de orquestras, nacionais e internacionais, das que formou parte. 

Reivindica neste programa unha relevancia para a cultura que se segue adoecendo, caso de profesionais como el: "en Música son catorce anos de estudo, mínimo; pero todos eses anos non che garanten traballar nisto, porque non hai capacidade de oferta e así hai xente que termina e márchase a outros países, como pode ser Alemaña".