Rafa Domínguez ofrece ao Ateneo espazos do Museo para actividades culturais

Pontevedra
22 de setembro 2023

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, anunciou o ofrecemento de espazos e recursos do Museo de Pontevedra ao tecido cultural da cidade para a realización de actividades culturais na reunión que acaba de ter con Xaime Toxo e Antón Sobral, representantes do Ateneo

Rafa Domínguez recitando a Walt Whitman
Rafa Domínguez recitando a Walt Whitman / Deputación de Pontevedra

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, anunciou o ofrecemento de espazos e recursos do Museo de Pontevedra ao tecido cultural da cidade para a realización de actividades culturais na reunión que acaba de ter con Xaime Toxo e Antón Sobral, representantes do Ateneo, na que leu un fragmento do poema "¡Oh mi yo! ¡Oh, vida!" de Walt Whitman. 

Con este ofrecemento "enriquecemos a nosa comunidade e fomentamos a participación activa da cidadanía en actividades culturais ", salientou o vicepresidente.

Rafa Domínguez tamén destacou o "firme compromiso da Deputación coa promoción e o fortalecemento da cultura local" e puxo en valor o papel e a contribución destes colectivos, entre os que situou o Ateneo, "ao patrimonio cultural da cidade". 

O vicepresidente Domínguez asegurou que este ofrecemento, que "apoiará as actividades das asociacións culturais de Pontevedra", forma parte dunha "liña de diálogo aberto e colaboración" entre ambas partes para "traballar da man, comprender as súas necesidades e brindarlles o apoio para que poidan continuar ofrecendo experiencias culturais enriquecedoras á comunidade". 

Por último, confirmou que, entre os colectivos culturais da cidade, o Ateneo será un dos beneficiados.