Recuperar a Bienal de Arte, un "acerto" para Luis López "que nos eche de orgullo"

Pontevedra
07 de novembro 2025
Actualizado: 16:01

Luis López reiterou que no seu goberno "xa estamos preparando a bienal de 2027" e, para iso, xa se consignou un orzamento de 210.000 euros nas contas da Deputación para o próximo ano

Bienal de Arte de Pontevedra
Bienal de Arte de Pontevedra / Cristina Saiz

O galardón que recibirá a Bienal de Arte de Pontevedra, o Premio da Cultura Galega 2025 na categoría de artes visuais, demostra que recuperar este evento foi un "acerto".

É a valoración que fixo este venres o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, sobre un premio "que nos enche de orgullo" a todos os que participaron na súa organización.

"Nun momento no que estamos a falar de futuro, celebramos unha edición complexa e, como se ve, exitosa", explicou López.

A idea do seu vicepresidente, Rafa Domínguez, de volver a organizar esta bienal funcionou "por múltiples motivos", destacou o dirixente provincial.

Así, puxo en valor a temática, a paz en tempos "no que é máis precisa que nunca", ou os datos de asistencia, máis de 125.000 espectadores durante os tres meses de duración.

Agora, o Premio da Cultura Galega 2025 é a guinda a todo este traballo, sentenciou.

Pero este recoñecemento non fará que a Deputación e o Museo de Pontevedra queden de brazos cruzados.

Luis López reiterou que no seu goberno "xa estamos preparando a bienal de 2027" e, para iso, xa se consignou un orzamento de 210.000 euros nas contas do próximo ano.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora