Reflexión entre teatro e performance no primeiro día de clase dos alumnos de Belas Artes

Pontevedra
12 de setembro 2019

A directora teatral Cecilia Perea e as actrices e performers María Vermella e Inés Diaz, representaron durante a tarde deste mércores a obra 'Ana María estuve pensando a pesar mío', da dramaturga arxentina Soledad González

Representación de 'Ana María estuve pensando a pesar mío' na facultade de Belas Artes
Representación de 'Ana María estuve pensando a pesar mío' na facultade de Belas Artes / Adrián Porima

A directora teatral Cecilia Perea e as actrices e performers María Vermella e Inés Diaz, representaron durante a tarde deste mércores a obra 'Ana María estuve pensando a pesar mío', da dramaturga arxentina Soledad González.

Esta foi a maneira de arrincar o curso académico por parte do alumnado da materia 'Proxectos de arte de acción', do grao de Belas Artes.

Nun primeiro lugar, asistiron a unha mostra do "acontecemento estético" para logo entrar na "reflexión teórica sobre a relación entre teatro, performance e acontecemento", explicou Perea.

Con esta actividade, a directora buscou abordar co alumnado "como entre a performance e o teatro existe un territorio amplo, que aparece como un espazo de posibilidade de apertura".

Así mesmo, destacou que o obxectivo da proposta foi nun primeiro momento levar ao alumnado ao rexistro e a acción-reacción para logo revisar entre todos os diferentes marcos teóricos desde os que é posible comprender o que ocorre neste tipo de propostas.