Regresa 'Voilà la femme' ao Ateneo Santa Cecilia

Marín
02 de marzo 2024

Do 6 de marzo ao 5 de abril permanecerán expostas as obras de seis artistas, comisariadas pola escultora e pintora marinense Celeste Garrido

Obras dunha edición anterior de 'Voilá la Femme'
Obras dunha edición anterior de 'Voilá la Femme' / Concello de Marín - Arquivo

O Ateneo Santa Cecilia de Marín organiza, un ano máis, a exposición pictórica denominada 'Voilà a femme', formada por obras de mulleres artistas e que chega a súa 31 edición.

Nesta ocasión as creadoras seleccionadas son Carmen Suárez Marcos, Celia Vilariño Porto, Medeinha (María González Rodríguez). Adriana Rodríguez García, Alba Prado Fuentes e Mónica Lago Gómez.

Os traballos están comisariados e coordinados pola pintora e escultora marinense Celeste Garrido.

Poderanse visitar do mércores 6 de marzo ao venres 5 de abril nas instalacións do Ateneo Santa Cecilia, situadas na Rúa do Forno.

A inauguración será o mércores ás 20.00 horas. As horas de visita son de martes a venres, de 17.00 a 20.30 horas e os sábados, de 11.00 a 13.00 horas.