Rematan as Xornadas sobre o Entroido de Galicia

Pontevedra
28 de febreiro 2015

Este sábado concluiron as III Xornadas sobre o Entroido de Galicia que organiza a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), en colaboración co Concello de Pontevedra

Actuación musical de Carmen Gallego e César Loureiro
Actuación musical de Carmen Gallego e César Loureiro

Este sábado concluiron as III Xornadas sobre o Entroido de Galicia que organiza a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), en colaboración co Concello de Pontevedra.

O coñecemento das diversas manifestacións do Entroido en distintos lugares de Galicia e a divulgación desta riqueza cultural para que se valore adecuadamente e se garanta a súa pervivencia foron os obxectivos destas xornadas que  se celebraron no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA).

Os que acodiron á derradeira xornada participaron da presentación do libro A danza dos labregos: estudo do Entroido de Marcón, de Xosé Anxo Rosales, e tamén da presentación de Os Xenerais da Ulla: unidade didáctica para educación infantil e primaria, por Carmela Sánchez, de ETNOGA.

⿿Pinténs: Entroido no Hío⿝ foi o tema da intervención de Xerardo Santomé, ás 19:00 horas, e ás 20:00 horas foi a quenda de Suso Fariñas que falou do ⿿Entroido na Limia⿝. Logo dunha mesa redonda houbo unha actuación musical de Carmen Gallego (violín e nyckelharpa) e César Loureiro (zanfona).