Retorna D-Medo con curtas de tres minutos sobre o Samaín

Barro
10 de outubro 2023

O prazo para a presentación dos traballos neste certame do Concello de Barro conclúe o mércores 18 de outubro. A proxección das curtas e a entrega de premios está prevista nunha gala que se celebrará o martes 31

Entrega de premios nunha edición do Festival D-Medo de Barro
Entrega de premios nunha edición do Festival D-Medo de Barro / Concello de Barro - Arquivo

O Samaín de Barro volve celebrarse cunha cita de ficción fílmica grazas á organización do Festival de Curtas D-Medo

Ata o mércores 18 de outubro pódense presentar os traballos, que deben durar un máximo de tres minutos e utilizar unha temática vinculada ao día do Samaín. O enfoque do proxecto, o xénero e o número de personaxes é libre.

Todas as bases do concurso pódense consultar na oficina da OMIX de Barro ou na web do Concello

Establécense tres premios. O primeiro consiste en 200 euros. Tamén se establece un premio do público cun vale de 60 euros e outro para estudantes de Ensino Secundario, tamén dotado cun vale de gasto pola mesma cantidade.

O martes 31 de outubro van proxectarse as curtas nunha gala final na que se entregarán os premios, segundo informa o Concello.

A actividade forma parte do programa Dándolle á lingua 2023, promovido pola Deputación de Pontevedra coa intención de dinamizar a lingua galega.