Revenidas anuncia as súas datas para 2024: do 12 ao 15 de setembro, en Vilaxoán

O Salnés
14 de decembro 2023

Os seguidores do festival Revenidas xa teñen unha data que marcar nos seus calendarios. A súa edición de 2024 terá lugar entre os días 12 e 15 de setembro. O recinto, ao igual que nos últimos anos, será a explanada do porto de Vilaxoán e o anexo parque de Dona Concha

Festival Revenidas 2023
Festival Revenidas 2023 / Cristina Padin / Revenidas

Os seguidores do festival Revenidas xa teñen unha data que marcar nos seus calendarios. A súa edición de 2024 terá lugar entre os días 12 e 15 de setembro.

O recinto, ao igual que nos últimos anos, será a explanada do porto de Vilaxoán e o anexo parque de Dona Concha.

A organización do festival sacará á venda os primeiros abonos nos próximos días e anunciará a algúns dos artistas que conformarán o seu cartel.

O Revenidas avanza que manterá a súa filosofía de incluír destacadas figuras da escena musical galega, estatal e internacional, tendo moi en conta cuestións como a paridade de xénero ou a presenza de linguas minorizadas.

Non faltarán ademais tampouco as actividades paralelas que son parte e historia fundamental do Revenidas como a tradicional sardiñada, a gala de circo solidaria, os concertos a bordo dun barco ou o roteiro por Vilaxoán.

Na edición de 2023, Ska-P, Rodrigo Cuevas, Heredeiros da Crus y Dakidarría, Desakato, Zoo, Fillas de Cassandra, Los Chikos del Maíz, Familia Caamagno ou The Rapants foron parte das bandas e artistas que subiron ao escenario do festival.