Os ritmos urbanos de Don Patricio soarán o 8 de agosto en Sanxenxo

Sanxenxo
06 de maio 2025

Será no festival Costa Feira. A súa música, cargada de enxeño, humor e unha forte conexión coas súas raíces insulares, será un dos principais atractivos de 'Bulla', a vertente urbana do evento

Don Patricio
Don Patricio / Taste the Floor

O artista canario Don Patricio, un dos músicos urbanos máis representativos do panorama nacional, actuará o próximo 8 de agosto en Sanxenxo.

Será no marco dunha nova edición do festival Costa Feira.

A súa música, cargada de enxeño, humor e unha forte conexión coas súas raíces insulares, será un dos principais atractivos de 'Bulla', a vertente urbana deste evento musical.

Desde o seu éxito irresistible 'Contando lunares' até as súas colaboracións con estrelas como Anitta ou Raw Alejandro, Don Patricio demostrou estar en constante evolución, gañándose así o respecto da industria e o agarimo dun público cada vez máis numeroso.

O concerto en Costa Feira será unha oportunidade para gozar dos seus grandes éxitos e das últimas cancións que o artista publicou como é o caso de 'La demora', un tema relaxado e xoguetón que reflicte a súa faceta máis persoal e unha indiscutible madurez artística.

Con millóns de reproducións en plataformas dixitais e unha lexión de seguidores que non para de crecer, Don Patricio segue marcando o ritmo da música urbana actual e o seu paso por Sanxenxo promete deixar pegada entre os seus seguidores.

Don Patricio únese ao cartel de Costa Feira que xa conta con grandes estrelas nacionais e internaciones como Leiva (2 de agosto), Manuel Carrasco (9 de agosto), Gordo (14 de agosto) e Camilo (19 de agosto) e Los Secretos (23 de agosto).