A cantante canaria Rosana foi este luns a protagonista musical das festas do Carmen de Marín. Foi cun concerto na que fixo un repaso aos grandes éxitos da súa carreira, principalmente os que recolle no seu oitavo disco 8 lunas, na que reinventa moitas das súas cancións máis coñecidas, "aquelas cancións do seu repertorio que agora mesmo faría doutro xeito", recoñecía recentemente nunha entrevista.
Centos de persoas acudiron ao Parque Eguren de Marín para escoitar a Rosana interpretar cancións como El talismán, Sin miedo, Magia ou Yo no te dejo marchar, temas que marabillaron ao seu público e que a converteron nunha das cantautoras máis populares do panorama musical español.
Tras Carlos Baute ou Rosana, a actuación estelar deste martes nas festas de Marín será a da Orquestra Panorama, que amenizará a verbena que se celebrará a partir das 23.00 horas na Praza de España.