O CEP Marcos da Portela do barrio pontevedrés de Monte Porreiro volve ter premio no certame de cine internacional Ourense Film Festival Escola.
O centro deu a coñecer que o traballo O roubo do Traslí dourado do alumnado do centro gañou a última edición do festival.
Trátase dunha peza audiovisual a medio camiño entre o tráiler e o making off no que se convida a ir ao cine a ver a película do roubo do Traslí dourado, a mascota da biblioteca do centro.
Esta producción audiovisual supón a culminación dun proxecto desenvolvido no centro ao longo do curso pasado.
Durante todo o proxecto educaitivo, o alumnado deste colexio público pontevedrés coñeceu de primeira man as profesións implicadas na elaboración dunha película e tivo contacto con profesionais da sétima arte como Jorge Coira, o recoñecido director de cine que visitou aos escolares o pasado curso.
Adquirido o coñecemento teórico, pasaron á parte práctica de producir unha película, "o seguinte paso natural", segundo indican desde o centro educativo.
A peza audiovisual presentouse en primicia no colexio e logo na XXVI edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, adicado ao cinema.
A continuación, chegou ao OUFF Escola, un festival escolar organizado polo Concello de Ourense e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística que ten como obxectivos impulsar o uso do galego entre a mocidade e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo que contribúa a xerar o espírito crítico.
Xa no ano 2022 o centro logrou unha mención especial neste mesmo certame con Case 101 dálmatas, unha película de cine mudo.