Sebastián Yatra actuará en Sanxenxo o 29 de xullo

Sanxenxo
12 de xuño 2025

O artista colombiano súmase ao cartel do festival Costa Feira de Sanxenxo. As entradas sairán á venda o vindeiro luns 16 de xuño

Sebastián Yatra
Sebastián Yatra / Universal Music

Nova confirmación internacional para o festival Costa Feira de Sanxenxo.

Sebastián Yatra subirá ao escenario do parque empresarial de Nantes o martes 29 de xullo.

O colombiano conta con "unha das voces máis queridas do pop latino", asegura o festival.

Yatra inclúe este concerto na súa xira 'Entre tanta gente Summer Tour 2025', co que percorrerá España de xullo a setembro pasando por cidades como Madrid, Murcia, Tenerife, Santander, Almería, Bilbao, Valencia ou Barcelona.

Coa súa confiirmación, Sebastián Yatra únese ao cartel dun Costa Feira que contará este verán con artistas como Leiva, Guitarricadelafuente, Camilo, Manuel Carrasco, Don Patricio ou Gordo.

As entradas para o concerto do colombiano contan cun prezo xeral de saída desde os 49 euros (máis gastos de xestión), cunha opción 'front stage' por 98 euros e unha entrada 'premium' de 125 euros, ademais dun palco 'premium' por 1.300 euros.

A venda xeral estará dispoñible a partir das 12.00 horas do próximo luns 16 de xuño.

Antes desa data están dispoñibles a través dunha preventa para clientes do Banco Santander.