Second, Kings of the Beach e Mounqup porán o broche de oro ao Atlantic Fest

O Salnés
08 de xuño 2021

Os tres concertos, que se celebrarán desde as oito da tarde, terán un prezo conxunto de 18 euros e poderanse adquirir desde o próximo 10 de xuño. O aforo, como o resto de concertos desta edición do Atlantic Fest, será limitado 

Second
Second / PontevedraViva

Os organizadores do festival Atlantic Fest confirmaron os nomes da tripla actuación que, o próximo 24 de xullo, poñerá o broche de ouro á súa próxima edición.

Trátase da banda murciana Second, os galegos Kings of the Beach e a artista franco-galega Mounqup, que actuarán dentro do ciclo Vibra Mahou no escenario que se instalará no piñeiral da praia da Concha, en Vilagarcía de Arousa.

Os tres concertos, que se celebrarán desde as oito da tarde, terán un prezo conxunto de 18 euros e poderanse adquirir desde o próximo 10 de xuño.

O aforo, como o resto de concertos desta edición do Atlantic Fest, será limitado como consecuencia das restricións impostas pola pandemia da covid-19.