Seis xornadas de música para un SonRías Baixas que se reivindica como cita indispensable do verán

Bueu
29 de xullo 2021

O festival musical, que contará coas únicas citas do verán de Kase.O, La Pegatina, Travis Birds, Muerdo ou Tu Otra Bonita en Galicia, foi presentado este xoves en Bueu e conta as horas para a súa celebración  

Presentación do SonRías Baixas 2021
Presentación do SonRías Baixas 2021 / SonRías Baixas

Bueu conta os días e as horas para un dos eventos musicais do verán, unha nova edición do SonRías Baixas.

O festival musical, que se celebrará do 3 ao 8 de agosto, foi presentado este xoves coa presenza dos seus responsables, Berta Domínguez e Jordi  Laurende; o director do Agadic, Jacobo Sutil; a deputada provincial de Turismo, Ana Laura Iglesias; e os concelleiros Silvia Carballo e Xosé Leal.

O Sorrías  Baixas contará nesta edición coas únicas datas do verán en Galicia de artistas como Kase.O, La Pegatina, Travis Birds, Muerdo ou Tu Otra Bonita.

Sés, TéCanela, Ciudad Jara, La M.O.D.A., ISEO & Dodosound, Sabela e SonDaRúa completan o cartel, que xa esgotou as entradas dispoñibles para o venres 6 e o sábado 7 de agosto.

Segundo explicou a organización debido ás restricións o SonRías Baixas o Recinto Multiusos da Estacada estará sectorizado e con equipamentos independentes de aseos, barras ou merchandising, cada un cunha capacidade máxima de 500 persoas para garantir o cumprimento do protocolo de prevención da covid.

A programación conta cun total de seis sesións nocturnas, con dous concertos directos cada noite:

  • Martes 3 de agosto: Sés + TéCanela.
  • Mércores 4 de agosto: Ciudad Jara + Tu Otra Bonita.
  • Xoves 5 de agosto: ISEO & Dodosound + Travis Birds.
  • Venres 6 de agosto: La M.O.D.A. + Sabela.
  • Sábado 7 de agosto: Kase.O + SonDaRúa.
  • Domingo 8 de agosto: La Pegatina + Muerdo.


As entradas poden adquirirse en www.sonriasbaixas.info a un prezo segundo a localidade de 23, 26 ou 29 euros.