Despois do descanso de Semana Santa, este mércores 20 retómase o curso que leva por título ‘Avantaxado feminino. Creadoras do século XX’, que imparte Carolina Munáiz, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
Nesta ocasión, a sesión que se inicia ás 19.00 horas dedicarase á artista francesa Louise Bourgeois. Trátase dunha das creadoras máis influentes e profundas do século XX. Na súa obra recóllese a memoria e o sexo como ferramentas artísticas.
Bourgeois ten unha traxectoria marcada polas duras experiencias vitais, coa súa infancia e a súa contorna familia, que se mostran en sentimentos emocionais, psicolóxicos e físicos da escultora de tendencia surrealista que dividiu o seu traballo en tres etapas: o medo a caer; a arte de caer e a arte de aguantar.
A entrada a esta sesión é libre ata completar a capacidade da sala.