Sete Falares despide a súa décima edición

Pontevedra
12 de xuño 2022

O festival de narración oral pechou este sábado a súa décima edición cunha gala de clausura celebrada na igrexa de Santa Clara, deixando atrás unha semana de actividades

Clausura de Sete Falares en Santa Clara
Clausura de Sete Falares en Santa Clara / Cristina Saiz

Despois dunha semana de intensa actividade, o festival Sete Falares despediuse da súa décima edición, celebrada nun enclave privilexiado como é a igrexa de Santa Clara.

Unha gala de clausura puxo fin este sábado a sete xornadas de narración oral nunha programación que contou con nove contadores de historias con eventos dirixidos a público familiar e adulto.

A última xornada de Sete Falares comezou cedo, cunha sesión vermú no claustro de Santa Clara a cargo do cántabro Alberto Sebastián, e tivo continuidade xa de tarde ás 19.00 horas con Mohamed Hammú.

Foi un aperitivo á gala de clausura, na que participaron, ademais dos dous narradores anteriores, Fernando Guerreiro, María da Pontragha, Paula Carballeira e Pavís Pavós.