Setenta e tres traballos optarán este ano aos Premios Johan Carballeira

Bueu
04 de febreiro 2022

Recibíronse 57 poemarios e 16 traballos xornalísticos, que se presentaron tanto en papel como en dixital. Nas próximas semanas conformarase o xurado que revisará os traballos, a fin de que se seleccionen os gañadores ou gañadoras entre finais de abril e comezos de maio

Marta Veiga e Xandra Táboa, tras recibir os premios Johán Carballeira

Ata setenta e tres traballos de poesía e xornalismo presentáronse para optar aos Premios Johan Carballeira, que concede anualmente o Concello de Bueu.

Concretamente, o departamento de cultura recibiu 57 poemarios e 16 traballos xornalísticos, que se presentaron tanto en papel como en dixital, e que se valorarán nas dúas convocatorias. 

Estas cifras, segundo os organizadores, demostran que este certame é todo un referente a nivel galego, e que ano a ano mantén ou mesmo incrementa as súas cifras de participación.

Nas próximas semanas conformarase o xurado que revisará os traballos, a fin de que se seleccionen os gañadores ou gañadoras entre finais de abril e comezos de maio.

Os premios están dotados con 1.500 euros en ambas categorías, ademais da publicación do poemario gañador na editorial Xerais. 

Estes premios, que naceron coma unha homenaxe ao político, poeta e xornalista bueués, tivo como gañadores na pasada edición a Xandra Táboas e Adriám Mosqueira co poemario Dous aulas de ioga por videoconferencia e na categoría de xornalismo, a reportaxe Cantigas para despois dunha pandemia, asinada por Marta Veiga Izaguirre e que saíu na revista Luzes.