'Sons de Outono' chega ao seu fin cunha última xornada musical na Peregrina

Pontevedra
02 de decembro 2023

A proposta do trío 'Down Underground' protagonizou este sábado a última xornada do ciclo de música a pé de rúa organizado polo Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra

Concerto de Down Underground no ciclo 'Sons de Outono'
Concerto de Down Underground no ciclo 'Sons de Outono' / Cristina Saiz

Con bo tempo e a pé de rúa, tal e como está deseñado, puido despedirse este sábado o ciclo musical 'Sons de Outono', impulsado polo Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra en colaboración co Concello.

A céntrica Praza da Peregrina gozou dun animado mediodía grazas ao trío 'Down Underground'.

Robert Beade á guitarra, Santi Marsán no baixo eléctrico e Manuel Bastón na batería puxeron banda sonora á xornada.

A deste sábado foi a cuarta e última xornada de 'Sons de Outono'.