'Soy una nuez' encandea o público familiar no Teatro Principal

Pontevedra
30 de outubro 2022

A compañía de Zum Zum teatre e o ciclo Domingos do Principal trouxeron este domingo a Pontevedra a obra 'Soy una nuez', destinada ao público familiar a partir dos 4 anos. A primeira sesión celebrouse ás 12:00 e a segunda terá lugar ás 18:30 horas  

Obra familiar 'Soy una nuez' no Teatro Principal
Obra familiar 'Soy una nuez' no Teatro Principal / Cristina Saiz

A compañía de Zum Zum teatre e o ciclo Domingo do Principal trouxeron este domingo a Pontevedra a obra 'Soy una nuez', destinada ao público familiar a partir dos 4 anos. A primeira sesión celebrouse ás 12:00 e a segunda terá lugar ás 18:30 horas.

A obra conta a vida da avogada Marinetti, unha muller implacable e amargada que denunciou a case todo o barrio. A súa vida cambia cando coñece a Omar, un neno refuxiado que caeu dunha rama da súa nogueira, transformando a súa día a día por completo.

Marinetti quere quedar con el, e para iso dille que é unha noz e que, segundo unha antiga lei, todos os froitos que caen no seu xardín perténcenlle.

O xuíz e o fiscal, incrédulos, escoitan ás testemuñas, mentres Omar lembra como tivo que fuxir dun país en guerra e como perdeu aos seus pais no mar, esperando unha oportunidade na vida.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora