Surfing the Lérez adianta o inicio do verán en Pontevedra: 12 e 13 de xuño, as súas datas para 2026

Pontevedra
01 de decembro 2025

Un ano máis, a Illa das Esculturas será o escenario que acolla a esta auténtica romaría urbana. Nas próximas semanas comezarán a desvelarse algúns dos nomes dos seus protagonistas

Surfing the Lérez 2025
Surfing the Lérez 2025 / Mónica Patxot

Cando apenas queda un mes para acabar este ano, a axenda cultural de 2026 segue enchéndose. Fíxoo este luns co anuncio de datas para o Surfing the Lérez.

O festival pontevedrés, a través das súas redes sociais, confirmou que a súa nova edición, que será a décimo cuarta, celebrarase os días 12 e 13 de xuño.

Un ano máis, a Illa das Esculturas será o escenario que acolla a esta auténtica romaría urbana, na que participan miles de persoas.

"Regresa un dous festivais máis esperados de Pontevedra. Garda as datas... o mellor aínda está por chegar", advirten os seus organizadores.

Nas próximas semanas comezarán a desvelarse algúns dos nomes que amenizarán esta nova edición do Surfing the Lérez.

Anaut, King África, Alba Reche, Cristalino, Ortiga, Ángel Stanich, Arizona Baby, Shego, Repion ou Miguel Costas, entre outros, foron os protagonistas da última edición.

Cos seus fieis seguidores, o Surfing the Lérez poderá celebrar os dous galardóns que, hai só uns días, recibiu nos I Premios da Industria Musical de Galicia.

Seus foron os premios á excelencia na experiencia do público e ao mellor evento cultural/musical, demostrando que está entre os festivais de referencia en toda Galicia.