Teatro escolar en galego para celebrar o mes da lingua

Pontevedra
06 de maio 2016

Coa chegada do mes de maio, regresa o teatro escolar a Pontevedra. Cinco centros educativos da cidade participan durante esta semana na XVIII edición da mostra de teatro Ben Veñas, Maio

Representación do grupo de teatro do IES Luis Seoane no certame Ben Veñas, Maio
Representación do grupo de teatro do IES Luis Seoane no certame Ben Veñas, Maio /

Coa chegada do mes de maio, regresa o teatro escolar a Pontevedra. Cinco centros educativos da cidade participan durante esta semana na XVIII edición da mostra de teatro Ben Veñas, Maio.

Trátase dunha das actividades que están incluídas dentro da programación de Maio, mes da lingua, organizada pola coordinadora dos equipos de normalización lingüística dos institutos de Pontevedra.

Os primeiros en subir ao escenario do Teatro Principal foron os compoñentes do grupo de teatro Nin Arre nin Xo do IES A Xunqueira 2, que estreou a obra Espida.

Pola súa banda, este xoves foi a quenda de Fábulas do grupo de teatro Fiuncho do IES Luis Seoane e do grupo de teatro do IES Torrente Ballester.

Esta mostra de teatro pecharase este venres 6 de maio con Era unha vez, interpretada polo grupo Skene do IES Valle Inclán; e Asemblea de mulleres, do grupo de teatro do IES Sánchez Cantón.