Terbutalina substitúe a Labretta Suede & The Motel no cartel do Surfing the Lérez

Pontevedra
13 de xuño 2019

Unha baixa de última hora obrigou á organización do Surfing the Lérez a facer cambios no seu cartel. Os neozelandeses Labretta Suede & The Motel comunicaron que non poderán viaxar a Pontevedra. Pero o festival xa atopou un substituto á súa altura

Concerto de Terbutalina no Galegote Rock
Concerto de Terbutalina no Galegote Rock / Cristina Saiz

Unha baixa de última hora obrigou á organización do Surfing the Lérez a facer cambios no seu cartel. Os neozelandeses Labretta Suede & The Motel comunicaron que non poderán viaxar a Pontevedra. Pero o festival xa atopou un substituto á súa altura.

A enérxica proposta musical da banda galega Terbutalina cubrirá o oco que quedaba libre. Tras o seu fallido concerto no Galegote Rock, terán unha segunda oportunidade para mostrar os seus novos temas ao público pontevedrés.

Con eles, o Surfing the Lérez gozará cun estilo que vai desde o punk e o pop ata o rock e a música tradicional galega.

O concerto de Terbutalina será o sábado 22 de xuño ás 17.35 horas.

O seu horario obriga a realizar un lixeiro cambio nos concertos dese día e a actuación da banda Holywater pasará a ser ás 15.30 horas.

Os horarios definitivos, por tanto, serán os seguintes:

Venres 21
ESCENARIO MAHOU

18.00 horas: Fondo Norte
19.05 horas: Selvática
20.15 horas: Malkeda
22.00 horas: Heredeiros da Crus

 

Sábado 22
ESCENARIO MAHOU

12.45 horas: Basanta
14.25 horas: Tony Lomba y Elio dos Santos
16.25 horas: Sex Museum
18.25 horas: Rayotaser
20.05 horas: The Lelli Kelly's
21.45 horas: Ortiga

ESCENARIO KARMA

12.00 horas: Mushu
13.35 horas: Santi Araújo
15.30 horas: Holywater
17.35 horas: Terbutalina
19.15 horas: Maneiro
20.55 horas: Anaut
22.35 horas: Thee Blind Crows
23.30 horas: Familia Caamagno