The Last Internationale pon a banda sonora ao ciclo Guerrilla en Pontevedra

Pontevedra
09 de outubro 2021

A música adoptou o papel protagonista este venres en Guerrilla, o ciclo de cultura social e comprometida que se está desenvolvendo en Pontevedra. Foi da man da banda estadounidense The Last Internationale, que actuou no Teatro Principal

Concerto de The Last Internationale no Teatro Principal
Concerto de The Last Internationale no Teatro Principal / Mónica Patxot

A música adoptou o papel protagonista este venres en Guerrilla, o ciclo de cultura social e comprometida que se está desenvolvendo en Pontevedra. Foi da man da banda estadounidense The Last Internationale, que actuou no Teatro Principal.

Do mesmo xeito que sucedera o día anterior co espectáculo de Leo Bassi, o público que, de maneira gratuíta, reservara a súa entrada puido asistir ao concerto.

A súa actuación, que foi en formato acústico, estivo composta por versións especiais de temas de loita e resistencia, acordes coa temática desta cita cultural.

Antes do concerto, no Pazo de Mugartegui, Montse Fajardo e María Xesús López Escudeiro conversaron acerca da loita loita antifranquista en Pontevedra.

Guerrilla chegará á súa fin este sábado cunha sesión tripla de actividades.

A partir das seis da tarde, no Pazo de Mugartegui, Vero Rilo ofrecerá un espectáculo de narración oral sobre historias de amor, de vida ou de guerra e, a continuación, Marwán e Iván Prado falarán sobre a situación de Palestina e da poesía como motor de cambio.

O broche de ouro será ás nove da noite, xa no Teatro Principal, co concerto de Marwán, que presentará en directo o seu novo traballo, un poemario e cancioneiro titulado Unha muller na garganta.