The Rapants rebentan o SonRías Baixas cun directo apoteósico e pistolas de auga

Bueu
03 de agosto 2025

Delaporte estreáronse neste festival nunha cita que gañou máis significado tras anunciar que, tras o verán, tomarán un descanso. Demostraron a súa capacidade de levantar a todo o público

Sábado en SonRías Baixas 2025
Sábado en SonRías Baixas 2025 / Cristina Saiz

O festival Sorrías Baixas viviu este sábado 2 de agosto a súa xornada máis extensa desta edición, que comezou rompendo a pana na súa sesión vermú e mantivo o ambiente até ben entrada a madrugada.

Sabela e The Rapants foron os encargados de abrir esta terceira xornada e, pese á calor e á hroa temperá e pouco habitual, foron enchendo aos poucos o recinto.

Con Sabela comezou a soar a música no recinto de Bueu, enchido de enerxía e pop electrónico un ambiente que logo rebentaron The Rapants.

Os de Muros xa son vellos coñecidos de SonRías Baixas e xa en 2024 ofreceron un dos conciertso de público máis entregados. Repetiron sesión vermú e entrega cun concerto apoteósico no que non dubidaron en tirar de pistolas de auga para refrescar ao persoal.

Co avvance da tarde, foi a quenda de Alizzz. Amante das guitarras noventeras e innovador na súa faceta como produtor, soubo trasladar esas inquietudes ao seu proxecto como solista, que xa conta con dous álbums que repasou en Bueu.

Desde Caños de Meca chegou a Bueu Judeline para demostrar por que é unha das artistas nacionais con máis proxección internacional. Presentando os temas do seu primeiro álbum, Bodhiria, pero sen desatender os seus vellos temas, apareceu nunha randeeira e durante todo o set está flanqueada por un hipnótico bailarín e tres bailarinas. Unha performance da que resultou imposible sacar a mirada.

Para especial, a actuación de Delaporte. Era a súa primeira visita a este festival e foi aínda máis emocionante tras anunciar días atrás que, tras o verán, tomarán un descanso.

Presentaron o seu sexto disco, Déjate caer, co que se aproximan a sonoridades máis pop, e demostraron a súa capacidade de levantar a todo o público nunha sorte de transo colectivo e electrónico.

Os irmáns Alejandro e Víctor Hernández, Mestre Espada, chegaron desde Murcia para levar ao escenario as súas inquietudes por explorar novos sons, e sen esquecerse de botar a vista atrás ao seu álbum debut.

Non só Sabela e Tha Rapants demostraron o talento galego, tamén Capital Voskov puxo sobre o escenario o seu elegante indie con moi boa acollida de público.

Para pechar a xornada, Kike Varela DJ púxose tras a mesa de mesturas nunha potente sesión de electrónica mesturada con hits de onte e de hoxe.

O festival alarga este ano a súa 22 edición cunha cuarta xornada este domingo que prevé encher Bueu cun dos artistas novos máis importantes da escena española. Dani Fernández.