'The Sadness' recibe o premio á mellor película do Curtas 2021 coa presenza do mítico Joe Dante

O Salnés
01 de novembro 2021

O director de 'Gremlins' os escritores Elia Barceló e Manel Loureiro; e os directores cinematográficos españoles Nacho Vigalondo e Daniel Monzón foron tamén premiados nesta edición do festival que se desenvolveu con gran éxito de participación en Vilagarcía de Arousa

Joe Dante con autoridades políticas e representantes do festival Curtas
Joe Dante con autoridades políticas e representantes do festival Curtas

O Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa acollía a entrega dos Premios Curtas 2021 nun acto onde o director Joe Dante foi o gran protagonista. O creador de películas fantásticas de tanta influencia como 'Gremlins', 'Piraña' ou 'O chip prodixioso' recibía o Premio de Honra de mans do alcalde Alberto Varela.

Tamén os directores españois Nacho Vigalondo e Daniel Monzón foron premiados nesta edición do mesmo xeito que os escritores Elia Barceló e Manel Lourenzo. O evento finalizaba coa actuación da banda The Killer Barbies.

Nesta 49 edición de Curtas Festival do Imaxinario, as películas premiadas foron:

- Premio do xurado á mellor longametraxe: 'The Sadness', de Rob Jabbaz. 

- Premio Especial do Xurado: 'The spine of night', de Phillip Gelatt e Morgan Galen King.

Na sección oficial fantástica de Latinoamérica, o premio do xurado era para 'Nocturna, la noche del hombre grande', de Gonzalo Calzada.

A mención especial fantástica neste apartado era para o propio Gonzalo Calzada e para as actuacións de Marilú Marini e Pepe Soriano.

Na sección oficial fantástico para curtametraxes, o premio do xurado ao mellor filme recaeu en 'Tío', de Juan Medina.

O premio á mellor curta de animación foi para 'Unnecessary Things', de Lisenbart, mentres que o premio á mellor dirección foi para Xanti Rodríguez, por 'Ospel'.

Noutros xéneros:

- Premio ao mellor documental: 'Dores', de Coral Piñeiro

- Premio a mellor curtametraxe: 'Votamos', de Santiago Requejo.

No apartado 'Feito en Galicia' sección transversal:

- Premio á mellor curta: 'La metafísica del asesino', de Rubén Méndez.

- Premio á mellor dirección: Sergio Pereda por 'Sombra do Mar'.

Na sección oficial de Vídeoarte, o premio Roberto Camba é para 'Le voyage dans la lune', de  Tsulker.

Por último, os premios do público 'Planet Horror' á mellor longametraxe e á mellor curtametraxe outorgáronse a 'Jacinto', de Javi Camiño e a 'O que queda de nós', de Miguel Gómez Abad, respectivamente.