Touriñán e Luis Iglesia, humor galego con retranca no Pazo da Cultura

Pontevedra
09 de outubro 2016

Os coñecidos actores ofreceron durante a noite deste sábado 8 monólogos que provocaron as gargalladas do numeroso público que asistiu ao auditorio pontevedrés

Noites de Retranca, con Luis Iglesia e Touriñán
Noites de Retranca, con Luis Iglesia e Touriñán / Diego Torrado

Luís Iglesia, coñecido polo gran público grazas á súa interpretación de Carmelo na serie Matalobos da TVG, foi o primeiro en subir ao escenario nas Noites de Retranca que, outra vez, regresaban a Pontevedra cargadas de humor. O intérprete lucense sorprendeu a moitos dos espectadores coa súa voz e a compañía dunha guitarra.

Era o inicio dos monólogos do humor galego máis entretido, coa presenza por primeira vez nos espectáculos das Noites de Retranca de Xosé A. Touriñán, co seu personaxe de Manolo Lojo.

O actor, que se fixo moi popular coas Cantereiras de Ardebullo e coa súa participación en diferentes shows da TVG como Land Rober, provocou as gargalladas do numeroso público que asistía na noite deste sábado 8 ao Pazo da Cultura