O Pazo da Cultura de Pontevedra foi escenario este domingo da obra de teatro El Precio, interpretada por Tristán Ulloa, Gonzalo de Castro, Eduardo Blanco e Elisabet Gelabert.
O público pontevedrés puido gozar da historia de dous irmáns que se reencontran no faiado da casa familiar despois de 16 anos sen falarse.
A trama consistía en que en pouco tempo, a casa debe ser demolida e Víctor, un humilde policía a piques de retirarse, e a súa esposa Esther convocan ao irmán maior, Walter, cirurxián de éxito, a un encontro co taxador para decidir o prezo dos vellos mobles familiares. Todo vai ben, ata que os recordos fan espertar as pantasmas pechadas neste vello ático.
Ten todo un prezo, pódese comprar o perdón familiar?
A obra sitúa ao espectador ante un debate moral: o triunfo como unha forma de fracaso, a familia como unha condena.
Este clásico do teatro contemporáneo de Arthur Miller, está dirixido por Silvia Munt.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.