Panteóns de estilo gótico, mausoleos de familias podentes, nichos de principios do século pasado, tumbas masónicas esperaban a unha vintena de valentes que se apuntaron na noite do sábado a facer turismo funerario.
A Concellaría de Patrimonio Histórico e Cultural organizou este sábado a primeira saída das II Xornadas de Patrimonio Funerario que teñen por obxectivo divulgar a riqueza dos
cemiterios modernos e dos enterramentos do neolítico.
Esta primeira saída foi ao cemiterio de San Amaro en dúas sesións.
Unha ás 11.00 horas e outra nocturna, na que os participantes tiñeron que levar lanterna. Nas visitas darase un plano guía cos elementos históricos e artísticos máis destacados do cemiterio.
A segunda saída será o día 16 aos cemiterios de Mourente e Bora, e a terceira, o día 23 de novembro será un percorrido polos enterramentos do neolítico no Chan de Castiñeiras, Chan da Armada e Chan de Arquiña.