Un incansable Moncho Borrajo, fiel á súa cita con Pontevedra

Pontevedra
13 de xaneiro 2019

O cómico galego trouxo este domingo a Pontevedra o seu último espectáculo, 'Borrajo perdido', para facer rir unha vez máis ao público pontevedrés, esta vez no Auditorio de Afundación

Espectáculo 'Borrajo perdido' de Moncho Borrajo
Espectáculo 'Borrajo perdido' de Moncho Borrajo / Diego Torrado

É case imposible contar as veces que Moncho Borrajo actuou en Pontevedra, pero o certo é que o cómico galego non cansa de facer rir ao público da Boa Vila.

O incansable humorista trouxo este domingo á cidade do Lérez o seu último espectáculo, 'Borrajo perdido', un show que segundo os seus promotores pasa por ser unha das súas máis "tolas e impredecibles" propostas.

O Auditorio de Afundación foi o escenario escollido esta vez por Borrajo para divertir cos seus monólogos e á súa particular 'mala leite'.

Borrajo perdido está plantexado ademais como un espectáculo á carta dos espectadores, que teñen a posibilidade de pedirlle ao cómico que fale dos que eles queiran.