PODCAST. A produtora Undodez crea con 'Bibopalula' un proxecto que comeza nas pantallas e quere completarse nos escenarios

Pontevedra
30 de novembro 2024

Preséntase como a primeira serie de animación musical en galego. A iniciativa contempla engadir unidade didáctica, difusión das cancións en streaming e completar con espectáculos en vivo. Os seus guionistas, Laura e Andy Mahía explican este traballo no podcast 'Conversas na Ferrería'

'Bibopalula', serie de animación musical en galego
'Bibopalula', serie de animación musical en galego / Undodez

A produtora Undodez trae estrea, de feito xa está dispoñible 'Bibopalula', a primeira serie de debuxos animados, musical e en galego, dirixida a un público de tres a seis anos.

Da man da produtora coruñesa Undodez, está creada como unha oferta nova de entretemento á vez que didáctica. Ademais, o feito de ofrecerse en galego responde ao seu compromiso de utilizar este idioma como lingua de creación.

A serie está protagonizada pola Banda do Bosque, unhas aves cuxos catro integrantes: o petirrojo Robin, o merlo Merli, a urraca Pegui e o picapau Carpin viven multitude de aventuras na natureza.

Laura e Andy Mahía son os seus directores e guionistas. Falan no podcast 'Conversas na Ferrería' para os adultos e tamén para os máis pequenos da familia explicando o concepto da iniciativa e o seu contido, respectivamente.

Sinalan que unha das diferenzas desta serie animada respecto doutras xa coñecidas é que os seus personaxes "son paxaros e fan cousas de paxaros. A historia de Bibopalula é que ademais da música como protagonista, a natureza tamén o é".

Dada a franxa de idade á que se dirixen, cada un dos capítulos ten unha duración de cinco minutos. Na primeira tempada ofrécense un total 55 episodios.

O proxecto non só consta de debuxos animados en pantalla, as cancións coas que conclúe cada capítulo están dispoñibles na plataforma de streaming de Spotify, engaden unha unidade didáctica para a práctica educativa que se complementaría con visitas dos protagonistas a centros escolares e contémplase que máis adiante poida ser un espectáculo en vivo.

Pódese seguir á Banda do Bosque desde a plataforma dixital xabarin.gal, así como na aplicación Xabarín da TVG. Igualmente está dispoñible para os sistemas iOS e Android en teléfonos móbiles e en smart tv's.

Undodez presentará oficialmente este proxecto o domingo 1 de decembro durante a celebración do Culturgal en Pontevedra.