"Unha cuestión de xénero", nova cita co ciclo de cine "Mulleres" en Afundación

Pontevedra
27 de marzo 2022

Segunda cita co ciclo "Mulleres". Será este luns 28 de marzo, a partir das 19:30 horas, coa proxección da película estadounidense Unha cuestión de xénero. A película proxectarase na sede de Afundación de Pontevedra con subtítulos para que as persoas xordas poidan gozar da historia

Fotograma da película "Unha cuestión de xénero"
Fotograma da película "Unha cuestión de xénero" / PontevedraViva

Segunda cita co ciclo "Mulleres". Será este luns 28 de marzo, a partir das 19:30 horas, coa proxección da película estadounidense Unha cuestión de xénero.

Dirixida por Mimi Leder en 2018, a actriz Felicity Jones (A teoría do todo) protagoniza este "biopic" sobre Ruth Bader Ginsburg, xuíza do Tribunal Supremo dos Estados Unidos, a segunda muller na historia que serviu neste alto órgano xudicial.

Ginsburg foi nomeada para o alto tribunal en 1993 polo presidente Bill Clinton e cambiou o curso da historia cun singular caso sobre discriminación de xénero que abriu o camiño para a igualdade nos tribunais.

A película proxectarase na sede de Afundación de Pontevedra con subtítulos para que as persoas xordas poidan gozar da historia.

"Mulleres" é un ciclo formado por filmes nas que as mulleres son as protagonistas e nas que se tratan temas como a reivindicación de dereitos, a soidade ou o traballo digno. Trátase pois dunha oferta que ten como eixo vertebrador o empoderamento das mulleres. 

Esta actividade enmárcase na iniciativa solidaria Cultura por alimentos que Afundación impulsa xunto á Federación Española de Bancos de Alimentos.

O acceso a cada unha das sesións será a cambio da entrega de alimentos de primeira necesidade que serán entregados posteriormente aos bancos de alimentos locais.