A Praza da Ferrería acolleu este domingo un concerto da agrupación Pelepau e a Banda de Música de Pontevedra na última xornada da Semana Grande das festas.
A fusión de percusión e voz con diferentes ritmos do mundo que caracteriza á formación viguesa mesturou á perfeccción coa sinfonía da banda de música pontevedresa.
Foi, tal e como avanzaba Pelepau, "unha noite diferente, chea de ritmo e maxia".