'Unha pantasma con asma', de Kalandraka; proposta para ler con #AfundaciónEnCasa

Pontevedra
02 de xuño 2020

Bibliotecasa é a nova sección que desenvolve o equipo de Biblioteca Afundación con audiolibros e contidos para o público máis novo. Esta semana ofrécese 'Unha pantasma con asma' escrito pola autora Carmen Gil con ilustracións de Sarah WEbster, un traballo publicado pola editorial pontevedresa Kalandrakan

Ilustración de 'Unha pantasma con asma'
Ilustración de 'Unha pantasma con asma'

Afundación en casa desenvolve propostas durante estes días coa intención de fomentar a cultura entre todos os públicos. A nova sección leva por título Bibliotecasa e presenta audiolibros e contidos para os máis pequenos da casa.

Esta semana a sección audiocontos permitirá escoitar a historia de 'Unha pantasma con asma', unha obra escrita pola profesora gaditana Carmen Gil, que conta con ilustracións de Sarah Webster. Este traballo foi publicado pola editorial pontevedresa Kalandraka e desenvolve un conto en verso cunha elevada dose de humor, tanto para os menores como para os adultos. 

Un personaxe estrafalario que precisa agarimo e amizade animará ao público infantil a estimular a imaxinación entre ilustracións de estilo impresionista e un ambiente pantasmagórico. Este conto está recomendado para menores que superen os cinco anos de idade.

'Afundación en casa' é o novo portal de acceso libre e gratuíto, creado a pedimento de Abanca e a súa Obra Social no que se establecen actividades para que se poidan levar a cabo no ámbito familiar desde os domicilios galegos.