As bandas galegas Lamatumbá e Dakidarría pechaban na tarde noite deste mércores os concertos de Urbana Monte Porreiro.
Con menor asistencia de público que na xornada do martes, as bandas ofreceron o mellor do seu repertorio no escenario creado na contorna do Miradoiro do barrio onde tamén se realizaban actividades de arte urbana co deseño dun mural gráfico.
Estes concertos inclúense dentro da programación das Festas de Verán do Concello de Pontevedra que continúan este xoves 10 coa actuación dentro do Festival Internacional de Jazz de Pablo Patiño "Flor" na praza da Ferrería a partir das 22.30 horas con entrada libre.