A venda de entradas para o concerto que darán Leiva e Iván Ferreiro o próximo 23 de agosto na chaira exterior do Recinto Feiral van vento en popa.
Segundo anunciou este venres a promotora Esmerarte, en cuestión de catro horas vendeuse máis da metade do aforo dispoñible para a dobre cita.
Por unha banda, Iván Ferreiro presentará o seu novo álbum 'Trinchera Pop', con temas como 'En el alambre', 'La humanidad y la tierra', 'En las trincheras de la cultura pop', 'Miss Saigon'… Ademais de todas as súas cancións máis emblemáticas.
Estará acompañado no escenario coa súa banda habitual: Pablo Novoa ás teclas, Ricky Falkner ao baixo, Xabier Molero á batería, Sergio Martinez nos teclados e programacións e con Emilio Saiz e Amaro Ferreiro ás guitarras.
Leiva, que está a finalizar a xira de 'Cuando te muerdes el labio', o seu último disco, garantirán en Pontevedra un concerto sólido, humillante e épico de rock en directo.
Ao longo de toda a xira, o artista irradia magnetismo e demostra por que está nun momento cume da súa carreira, coméndose o escenario xunto á Leiband, nun irrepetible exercicio de enerxía, comuñón e complicidade co seu público.
As entradas, que saíron á venda este venres 11 de agosto, ás 12.00 horas, poden seguir comprándose a través de esmerarte.com e entradasatualcance.com.