Vicente Ferez presentará o seu poemario 'Réquiem' en Pontevedra

Pontevedra
03 de xullo 2024

A cita será o sábado 6 de xullo no Café de Cine de Pontevedra. O autor de orixe alicantina estará acompañado polo escritor pontevedrés Alexander Vórtice

O poemario 'Réquiem', de Vicente Ferez
O poemario 'Réquiem', de Vicente Ferez / Editorial Discursiva

O escritor de orixe alacantina Vicente Ferez presentará en Pontevedra o sábado 6 de xullo o seu poemario 'Réquiem' publicado por Editorial Discursiva. 

A cita será no Café de Cine de Pontevedra coa intervención do autor e do poeta e escritor pontevedrés Alexander Vórtice. Tamén participarán Pablo Borja P. Portabales, do Colectivo Metalírica; e Enrique Sotelo, editor de Discursiva.

A ópera prima deste autor preséntase en Pontevedra con motivo da súa visita a Galicia para acudir á Festa dos Libros, que se celebra durante esta fin de semana.

O poemario ofrece unha crítica social contundente con profundidade e vitalismo, segundo explica Vórtice, autor do prólogo.

'Réquiem' recolle versos intensos, necesarios e enriquecedores que penetran tamén na fugacidade da vida.