VÍDEO.- Colas, bailes e moito show con Jennifer López en Pontevedra

Pontevedra
09 de xullo 2025

Até seis cambios de vestiario, un xogo de luces e imaxes que non parou de sorprender e grandes chiscadelas como una mantilla española bordada ou unha guitarra española marcaron o show en Tafisa

Así foi o show de Jennifer López en Pontevedra /

Jennifer López ofreceu este martes unha hora e case 50 minutos de show no parque de Tafisa e confirmouse como unha das divas por excelencia do mundo da música.

Até seis cambios de vestiario, un xogo de luces e imaxes que non parou de sorprender e grandes chiscadelas como una mantilla española bordada, unha guitarra española ou un piano mantiveron ao público pontevedrés atento e animaron o show, no que tiveron gran protagonismo os bailes, tanto da artista como de lso espectadores.

Sorprendeu o escaso uso do español da artista. Mesmo o seu saúdo inicial foi en inglés: "How are you, Pontevedra?" ("como estás, Pontevedra?"), preguntou. E tan só interpretou tres temas nesta lingua.

Algúns espectadores estiveron horas facendo cola para entrar no parque de Tafisa, desde primeira hora da mañá a pesar da calor.

Xa pola tarde, as filas de espectadores ocuparon a avenida de Bos Aires, cruzaron a ponte dos Tirantes e chegaron á Illa do Covo.

Podes ler aquí a crónica do concerto.