Visitas guiadas, recitais de piano e concertos para celebrar o Día Internacional dos Museos

Pontevedra
17 de maio 2021

O Museo de Pontevedra ten preparada unha ampla programación para celebrar o Día Internacional dos Museos, que se conmemora este 18 de maio. O obxectivo deste ano é implicar á veciñanza cunha creación artística que arrincará o martes e continuará durante toda a semana con visitas guiadas, recitais de piano e concertos

Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra / Mónica Patxot

O Museo de Pontevedra ten preparada unha ampla programación para celebrar o Día Internacional dos Museos, que se conmemora este 18 de maio. O obxectivo deste ano é implicar á veciñanza cunha creación artística que arrancará o martes e continuará durante toda a semana con visitas guiadas, recitais de piano e concertos.

Baixo o lema 'O futuro dos Museos: recuperar e imaxinar', realizarán unha actividade creativa colaborativa coa que buscarán activar o espazo do museo como lugar de acción aberto e participativo. Esto será o día 18, e pretenden que participe o maior número de persoas posibles ademáis dos diferentes axentes sociais e culturais da cidade como Amencer, Xuntos, Juan XXIII, ASSEI, Taller Abierto e a Facultade de Ciencias da Educación.

Pola súa banda, Iciar Ezquieta, Begoña Paz, María Paz, María Covadonga e Laura Otero serán as encargadas de crear a imaxe matriz, que pasará despois á parte conxunta. Será ao longo do día desde as 11:00 ata as 19:00  horas.

O martes tamén haberá visitas guiadas, previa inscripción no correo electrónico nos horarios de 11:00 e 12:00 horas pola mañá e 18:00 e 19:00 horas pola tarde. Tamén haberá un recital de piano a cargo de María Domínguez Pérez, unha pianista de formación internacional que realizará dous pases, ás 13:00 e ás 20:00 horas.

Pola súa banda, o mércores 19 farán unha visita guiada ás coleccións no único horario das 18:00 horas e previa inscripción. O xoves 20 abrirá a exposición 'Galiza. De Nós a nós', haberá visita guiada ás Ruínas de San Domingos ás 12:00 horas (sen inscrición previa) e outra visita guiada ás coleccións permanentes ás 18:00 (previa inscrición).

Finalmente, o venres 21 haberá ás 18:00 unha visita ás coleccións (previa inscripción), e o sábado 22 unha visita acompañada á exposición 'Galiza. De Nós a nós' ás 12:00 horas (con inscrición previa). Tamén se celebrará un concerto a cargo de Laura Lamontagne ás 22.00 horas.

Para a solicitude de visitas con inscripción previa o horario de atención de correo electrónico educació[email protected] será de 8:00 a 14:30 de luns a vernes. Para reservar durante a fin de semana é preciso chamar ao 986 80 41 00.