Xa está aquí o Armadiña Rock, un festival "100% galego" e con pegada artesanal

Poio
23 de xullo 2024

Combarro acollerá esta próxima fin de semana, os días 26, 27 e 28 de xullo, a décimo quinta edición do Armadiña Rock, un festival que os organizadores definen como "100% galego" e que ten desde os seus inicios unha "pegada artesá" que o caracteriza

Presentación do Armadiña Rock 2024
Presentación do Armadiña Rock 2024 / Armadiña Rock

Combarro acollerá esta próxima fin de semana, os días 26, 27 e 28 de xullo, a décimo quinta edición do Armadiña Rock, un festival que os organizadores definen como "100% galego" e que ten desde os seus inicios unha "pegada artesanal" que o caracteriza.

Marcos Padín e Sara López, representantes do festival, debullaron na súa presentación todos os detalles desta agardada cita, na que o público "poderá escoitar moi boa música en galego, marabillarse co entorno e facer moi bos amigos na zona da acampada da Seca".

O venres 26 de xullo, primeiro día do festival, actuarán na Praza da Chousa os grupos Festicultores Troupe (22:00 horas) e La Yaya DJ (00:00 horas).

Pola súa banda, o sábado 27 de xullo será a quenda de O Sonoro Maxín (21:00 horas), Loita Armada (22:15 horas), Dios Ke Te Crew (23:30 horas), The Skarnivals (01:00 horas) e Quinkillada (02:30 horas).

Como peche do festival, o domingo 28, subirá ao escenario a banda Lontreira, que protagonizará una sesión vermú, á unha da tarde, na Praza da Rualeira, o mesmo no que o sábado pisará Lidexia a esa mesma hora.

A asociación Armadinha agradeceu a asistentes, veciños, patrocinadores, colaboradores, institucións e mecenas a colaboración e bo facer por parte de todos eles "para que siga a medrar o mar e para que Armadiña continúe a ser un dos festivais de referencia".