"Xango", unha obra para reflexionar sobre as novas tecnoloxías, chega a Domingos do Principal

Pontevedra
25 de xaneiro 2014

Os actores Toño Casais e Dani Trillo son os dous únicos protagonistas desta divertida historia, escrita por Diego Rei. Dirixido especialmente a un público a partir dos sete anos, Talía Teatro, igual que en espectáculos anteriores, elixiu un tema de actualidade co que pretenden facer reflexionar aos seus espectadores. Neste caso, os usos e abusos do mundo cibernético

Imaxe promocional de "Xango", o novo espectáculo de Talía Teatro
Imaxe promocional de "Xango", o novo espectáculo de Talía Teatro

Esta é a extraordinaria historia dun home que foi engulido pola súa propia tablet, do que alí dentro atopou, de todas as aventuras que viviu e dos arrepiantes perigos que tivo que afrontar. Este é o punto de partida de Xango, o novo espectáculo da compañía galega Talía Teatro. ÿ a segunda obra que os rapaces pontevedreses poderán gozar no ciclo Domingos do Principal. Será este domingo 26 de xaneiro,  en sesión doble, ás 12.00 e ás 18.30 horas.

Os actores Toño Casais e Dani Trillo son os dous únicos protagonistas desta divertida historia, escrita por Diego Rei. Dirixido especialmente a un público a partir dos sete anos, Talía Teatro, igual que en espectáculos anteriores, elixiu un tema de actualidade co que pretenden facer reflexionar aos seus espectadores. Neste caso, os usos e abusos do mundo cibernético.

Xango promete moita diversión cun teatro de actor e guiños ás técnicas do mimo e o clown. O espectáculo ten unha duración aproximada de 50 minutos.

As entradas, que teñen un prezo de catro euros, pódense adquirir en www.servinova.com ou dúas horas antes de cada representación na billeteira do Teatro Principal.