O festival Sete Falares continúa achegando a Pontevedra historias de 12 contadores procedentes de Galicia, Bretaña, Uruguai, Euskadi, Brasil, Colombia ou Alacant.
Por primeira vez o Paraninfo do IES Valle Inclán e os Xardíns de Marescot forman parte dos escenarios do festival xunto a outros emprazamentos habituais coma a Casa da Luz, o Parador de Turismo e o Teatro Principal.
Este luns o protagonista foi Caxoto cun espectáculo para público adulto.
Caxoto naceu no 1979 e dende sempre estivo ligado aos espazos escénicos ben a través do teatro, do baile tradicional ou da música.
De carácter inquieto e rebuldeiro, nunca faltou unha idea atolada na súa cabeza, unha mirada pícara e curiosa, e unha argallada agromando nos seus beizos.
Decidiu estudar para ser mestre na cidade de Lugo pero axiña se deu conta de que prefire explorar outros campos como as artes escénicas, a educación non formal (ocio e tempo libre) ou o eido do social, rematando co tempo por conxugalo todo na súa traxectoria como narrador oral.
Os Xardíns de Marescot que este luns acolleron a Caxoto, repiten este martes con Charo Pita.
De novo será ás 20.00 horas o espectáculo dirixido para público adulto.

Actuación de Caxoto en Sete Falares

Actuación de Caxoto en Sete Falares

Sete Falares

Sete Falares

Sete Falares

Sete Falares

Sete Falares

Sete Falares

Actuación de Caxoto en Sete Falares

Actuación de Caxoto en Sete Falares

Actuación de Caxoto en Sete Falares

Sete Falares

Sete Falares

Sete Falares

Sete Falares

Sete Falares

Sete Falares

Actuación de Caxoto en Sete Falares
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.