O vindeiro luns 7 e o xoves 10 de marzo o Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra celebrará as súas Xornadas de Portas Abertas 2022 co obxectivo de achegar ao novo posible alumnado diferentes instrumentos que se poden estudar no centro.
As sesións, de unha hora e media de duración, terán lugar no Auditorio do conservatorio, o luns 7 ás 16:30 horas, e o xoves 10 ás 20:00 horas. A entrada farase por orde de chegada ata completar o aforo.
Estas xornadas están dirixidas principalmente ao alumnado de 2º a 6º de Primaria interesado en entrar no Grao Elemental. O prazo de inscrición ás probas de acceso de elemental e profesional será do 28 de marzo ao 7 de abril de 2022.
Fundado en 1863 como Conservatorio de Pontevedra, o CMUS Profesional Manuel Quiroga é un centro educativo sostido con fondos públicos, dependente da Consellería de Educación, que imparte ensinanzas oficiais de Grao Elemental e Profesional de música, e forma parte da rede de escolas galegas asociadas á UNESCO.