ÿscar Ibáñez presentará cun gran espectáculo no Principal o seu novo disco, 'Alén do mar'

Pontevedra
26 de setembro 2014

O concerto vai celebrarse o venres 3 de outubro ás 21.00 hjoras coa intervención de 6 parellas de baile, unha banda de gaitas e os músicos de Tribo, o grupo que acompaña ao gaiteiro dende 2005. As entradas encóntranse á venda por 5 euros

Presentación do concerto de ÿscar Ibáñez no Teatro Principal
Presentación do concerto de ÿscar Ibáñez no Teatro Principal / Mónica Patxot
ÿscar Ibáñez explica o contido do seu espectáculo para presentar 'Alén do mar' en Pontevedra /

Pasaron nove anos dende a primeira actuación de ÿscar Ibáñez con Tribo en Pontevedra. Dende 2005, o gaiteiro non tivo oportunidade de volver tocar coa súa banda na cidade e quere desquitarse ao grande, coa presentación do seu novo traballo discográfico, Alén do mar. O venres 3 de outubro, o Teatro Principal acollerá o concerto a partir das 21.00 horas.

O músico pontevedrés presentou este xoves 25 o espectáculo no Concello, acompañado pola concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, e afirmou que será un espectáculo coa importante presenza de músicos invitados, seis parellas de baile, unha banda de gaitas formada por alumnos do propio Ibáñez e varias sorpresas coas que quere achegar Alén do mar aos pontevedreses e aos programadores culturais. O disco está formado por once temas nos que se suman múltiples referencias a Pontevedra. Ibáñez destacou, neste sentido, o tema dedicado a Benito Soto, 'O pirata da Moureira' o repertorio recompilado no Arquivo del Museo recollido neste traballo; fondos do legado de Perfecto Feijoo e de Antonio Taboada Nieto, de quen se recolle o tango '14 de xullo', ademais de referencias á morriña e ao poema de Ramón Cabanillas, 'O fillo de Celt'.

O álbum foi gravado en Vigo con achegas musicais de diferentes países grazas a gravacións de músicos de Irlanda, Madrid, País Vasco ou Bos Aires.

A banda do gaiteiro, Tribo, está formada por Fernando Fraga ao acordeón; Andrés Vilán encárgase da percusión; Paco Dicenta ao baixo; Carlos Calviño á guitarra e Harry Price touca o violín. Todos eles son músicos que colaboraron con artistas do talle de Mercedes Peón, Carlos Núñez ou Xosé Manuel Budiño e contan cunha gran traxectoria, segundo explicaba ÿscar Ibáñez.

O polifacético Xurxo Souto será o encargado de introducir o concerto no Teatro Principal para o que xa se poden adquirir as entradas a un prezo de 5 euros a través de servinova. O músico indicou que a súa ilusión será actuar nas próximas Festas da Peregrina cun grande espectáculo.