12 equipos de fútbol empregarán as instalacións do Centro Príncipe Felipe

Pontevedra
11 de xullo 2015

Os seis clubs de fútbol federados beneficiarios son Pontevedra C.F, Salgueiriños C.F, A.X. de Lérez, S.D.C Salcedo, Bora C.F e A.D Sagrado Corazón. O C.D Burgo, Peñabora, Mourente, S.C.D Mourente,  A Santiña e Club Centro son os seis equipos de veteranos que tamén empregarán os campos de Príncipe Felipe

Reunión dos clubes que farán uso das instalacións do Príncipe Felipe
Reunión dos clubes que farán uso das instalacións do Príncipe Felipe

O presidente da Deputación de Pontevedra recibiu este venres no pazo provincial aos responsables dos 12 equipos de fútbol federados e de veteranos que poderán adestrar e xogar nas instalacións deportivas do Centro Príncipe Felipe durante a temporada 2015-2016.

En base aos resultados da convocatoria publicada o pasado mes de xaneiro, os seis clubs de fútbol federados beneficiarios son: Pontevedra C.F, Salgueiriños C.F, A.X. de Lérez, S.D.C Salcedo, Bora C.F e A.D Sagrado Corazón. O C.D Burgo, Peñabora, Mourente, S.C.D Mourente,  A Santiña e Club Centro son os seis equipos de veteranos que tamén empregarán os campos de Príncipe Felipe.

O uso das instalacións prolongarase ao longo de todo o ano, salvo o mes de xullo. O horario para o uso público será de luns a venres desde as 16:00 ata as 23:30 h e os sábados e domingos de 9:00 a 14:00 h e de 16:00 a 22:00 h.

Todos os usuarios das instalacións deportivas deberán facer un uso persoal das instalacións que foron obxecto de reserva ou inscrición, respectando a normativa específica establecida polo Centro Príncipe Felipe.

A Deputación ven de realizar diversas obras de mellora no recinto deportivo. Colocáronse porterías, dúas bancadas de 8 prazas, un marcador electrónico, unha rede de drenaxe, unha varanda perimetral de alumnio e redes de nylon para evitar a perda de balóns. Asimesmo tamén se instalaron máis de 7.000 metros cadrados de céspede artificial, marcouse un campo de fútbol 11 e dous de fútbol 7.