29 de xullo, data escollida para a sexta edición da carreira +10 Marín de homenaxe a Manuel Rosales

Marín
01 de xullo 2017

Por primeira vez a carreira popular marinense homologará o circuíto pensando en acoller no futuro o Campionato Galego da distancia

IV +10 Marín Manuel Rosales
IV +10 Marín Manuel Rosales / Diego Torrado

Unha das principais citas deportivas do verán marinense terá continuidade este ano coa súa sexta edición, que terá lugar o vindeiro sábado 29 de xullo.

É a data escollida para a celebración da carreira popular +10 Marín Ence Manuel Rosales, proba que aspira a chegar nesta ocasión aos 800 participantes.

Como novidade, e pensando no futuro na posibilidade de celebrar en Marín o Campionato Galego de 10.000 metros, a organización iniciou os trámites para homologar o percorrido ante a Federación Galega e a Real Federación Española de Atletismo.

A sexta edición da +10 Marín manterá a súa esencia no percorrido, paralelo ao porto e que penetrará nas instalacións da Escola Naval Militar, estando previsto o seu inicio para as 21:00 horas.

As inscricións, que varían desde os 5 ata os 8 euros en función da data de formalización, permanecerán abertas ata o día 26 de xullo na web www.cronotec.es.