325 inscritos para a segunda edición da Pontevedra BTT Non Stop

Pontevedra
01 de outubro 2015

A proba celebrarase o vindeiro sábado 3 de outubro no Pontillón do Castro, coa opción de participar nas modalidades de 6 e 12 horas  

Primeira edición do Pontevedra 12 horas BTT Non Stop
Primeira edición do Pontevedra 12 horas BTT Non Stop / Diego Torrado

O Pontillón do Castro prepárase para acoller a segunda edición da BTT Pontevedra Non Stop.

A proba de resistencia contará coa presenza de 325 deportistas afeccionados o vindeiro sábado 3 de outubro.

A BTT Non Stop arrancará ás 9:00 horas coa opción de competir 6 ou 12 horas de xeito continuo, agrupándose a maior parte dos participantes en diferentes equipos que irán facendo substitucións.

Con todo 40 persoas realizarán a proba de xeito individual. Ademais inscribiuse un equipo composto por dúas persoas con discapacidade na modalidade de 6 horas.

O Pontillón do Castro, ademais do evento ciclista, completará unha animada xornada con diversos postos do sector ou diversas actividades, incluídas clases de padel surf no encoro.

A organización corre a cargo da Roda do Demo coa colaboración do Instituto Municipal de Deportes.