A 4 Picos Desafío Rías Baixas celebra a súa oitava edición

Pontevedra
13 de maio 2023

A Pontevedra 4 Picos Desafío Rías Baixas celebrou este sábado a súa oitava edición da súa habitual proba BTT, que percorre os arredores da Boa Vila ascendendo ao Monte Xaxán, A Fracha, O Castrove e O Acibal  

Oitava edición da Pontevedra 4 Picos Desafío Rías Baixas
Oitava edición da Pontevedra 4 Picos Desafío Rías Baixas / Concello de Pontevedra

A Pontevedra 4 Picos Desafío Rías Baixas celebrou este sábado a súa oitava edición da súa habitual proba BTT, que percorre os arredores da Boa Vila ascendendo ao Monte Xaxán, A Fracha, O Castrove e O Acibal.

A proba ciclista non competitiva ofreceu, como cada ano, dous roteiros: unha opción longa de 132 quilómetros e 2.800 de desnivel acumulado positivo coas catro subidas, e unha curta de 66 quilómetros e un desnivel de 1.600 metros con dúas subidas.

Na primeira delas o máis rápido foi Enrique Manuel Costa, que cruzou a liña de meta cun tempo de 5:03:51. Seguiulle moi de preto Fernando Díaz (5:05:18), que foi segundo, e Víctor Grau, que completou o podio en terceira posición (5:07:28).

Pola súa banda, o mellor tempo na subida aos dous picos conseguiuno Antonio Pérez (1:58:49). Miguel Costa foi segundo (2:12:01) e Miguel Santos terceiro (2:13:46).

Consulta nesta ligazón a clasificación dos 4 picos e o da 2 picos