A arousá Mari Paz Vilas súmase á Queens League

O Salnés
25 de maio 2023

A actual dianteira do Levante Las Planas será a xogadora 12 de Porcinas FC, o equipo presidido polo streamer Ibai Llanos e por Gemita. É a primeira futbolista profesional que proba o proxecto de liga deportiva impulsado polo propio Ía e polo ex-futbolista Gerard Piqué

Mari Paz Vilas, cando se anunciou a súa fichaxe polo Levante Las Planas
Mari Paz Vilas, cando se anunciou a súa fichaxe polo Levante Las Planas / FC Levante Las Planas

De Vilagarcía á Queens League. A dianteira arousá Mari Paz Vilas será a primeira futbolista profesional en activo en participar no proxecto deportivo impulsado polo streamer Ibai Llanos e o ex-futbolista Gerard Piqué.

Será precisamente no equipo presidido por Ibai e por Gemita, Porcinas FC, que este mércores anunciou a Mari Paz como a súa xogadora número 12.

"Que ganas tiña de subir á porcineta", sinalou a xogadora tras desvelarse a noticia.

O seu novo equipo na Queens League agradeceu ademais as facilidades dadas polo FC Levante Las Planas, equipo no que actualmente milita Mari Paz Vilas na máxima categoría do fútbol nacional e que fixo posible o seu salto á nova competición unha vez finalizada a liga.

Mari Paz suma desta forma unha nova experiencia a unha ampla traxectoria, que a levou desde o Atlético Arousana a converterse en internacional con España e militar en equipos como Levante, Espanyol, Barcelona, Valencia e Real Betis.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora