A XXXIII edición da San Silvestre de Pontevedra volverá ser un éxito de participación, cunha multitude de atletas despedindo o ano polas rúas da cidade facendo deporte.
O bo tempo que se espera para a carreira, unido ao cambio no sistema de inscrición que prolonga o prazo ata o mediodía do mesmo día 31 de decembro, provocou unha avalancha de retirada de dorsais nas últimas horas.
Por ese motivo desde a organización, a cargo da Sociedad Gimnástica, espérase roldar os 6.000 participantes nunha cifra similar á da pasada edición.
O goteo constante na Casa da Luz, que abrirá na tarde do venres de 16:30 a 19:30 horas e o sábado 31 o horario será de 10:00 a 13:30 horas, fixo que no mediodía deste venres a cifra de inscritos roldase xa os 5.000 corredores.
Toda unha garantía de que a San Silvestre volverá ser un baño de masas e diversión asegurada o día 31 a partir das 17:00 horas, cando se dará a saída nunha abarrotado Avenida de Montero Ríos.