A baixa por sanción de Campillo deixa a Luisito sen alternativas defensivas para recibir ao ÿrdenes

Pontevedra
07 de xaneiro 2015

O técnico granate só ten dispoñibles tres defensas natos para o duelo do domingo, aos que se suma Anxo, que vén actuando con asiduidade no lateral esquerdo

Campillo, Mouriño e Adrián Gómez durante un adestramento na Xunqueira
Campillo, Mouriño e Adrián Gómez durante un adestramento na Xunqueira / Mónica Patxot

Unha semana máis a principal dor de cabeza para o adestrador do Pontevedra, Luisito, céntrase na composición da liña defensiva.

A baixa por sanción de Campillo, confirmada este mércores pola Xuíza ÿnica de Composición tras a súa dobre amoestación en Cerceda, deixa en cadro á zaga granate, que só conta con tres defensas natos para recibir o ÿrdenes en Pasarón (domingo 11 ás 17:00 horas).

O técnico do conxunto pontevedrés poderá aliñar, salvo contratempo, a Adrián, Capi e Pablo. O cuarto defensor en discordia apunta cara a Anxo unha vez cumprida a súa suspensión dun encontro, toda vez que vén actuando con asiduidade no lateral esquerdo.

A outra alternativa pasa polo futbolista xuvenil Iago, que xa entrou na convocatoria a pasada fin de semana, mientres non se concreten os reforzos nos que traballan os responsables da entidade.

Pola súa banda o ÿrdenes tamén se presentará en Pasarón cun futbolista sancionado. Trátase do centrocampista Souto, que viu o quinto cartón amarelo da tempada no choque do seu equipo en Boiro.